herbicida

herbicida

(

adx e s m [AGR/QUÍM]

Aplícase aos produtos químicos que se empregan para destruír ou inhibir o crecemento das herbas. Existen herbicidas xerais, que actúan sobre todo tipo de plantas e herbicidas selectivos, que o fan especificamente sobre plantas determinadas. A aparición das fitohormonas de síntese (2,4-D e 2,4-MCPA) e dos derivados da urea, o uracilo e as triazinas, marcaron o inicio do desenvolvemento do consumo dos herbicidas.