Herciniano

Herciniano
[XEOL]

Ciclo oroxénico iniciado, segundo Stille, no Devónico Superior coa fase bretónica e acabado ao final do Pérmico Superior coa fase pfálzica. As cordilleiras montañosas formadas por esta oroxenia presentan dúas direccións predominantes: a armoricana, de NO a SL (Bretaña, o Macizo Central e o Macizo Galaico) e a chamada varisca, de NL a SO (Os Vosgos e a Selva Negra). A zona occidental da Península Ibérica esta ocupada polo macizo ibérico ou hespérico, de idade herciniana, que describe un grande arco cunha dirección NL en Cantabria ata unha dirección L-SL no O do río Gualdalquivir. Os macizos hercinianos foron erosionados e, nalgún caso, rexuvenecidos pola oroxenia alpina, como os Pireneos.