Herculano

Herculano
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede do latín Herculanus, derivado de Hercules ‘dedicado ou consagrado a Hércules’. Posiblemente sexa xa desde a antigüidade un exemplo de topónimo (antiga cidade de Herculaneum, en Campania) convertido en antropónimo. Levaron este nome un soldado mártir celebrado o 25 de setembro e o bispo e patrón de Perugia, celebrado o 1 de marzo ou o 7 de novembro.