Hércules

Hércules
  1. [MIT]

    Heroe vinculado a unha serie de lendas romanas, sobre todo etiolóxicas e topográficas, como a loita de Hércules con Caco. Na historia mítica galega foi o fundador de Lugo, de Iria Flavia e o primeiro construtor do faro coruñés que leva o seu nome. Atribúenselle grandes traballos, como a construción dun dique e dunha vía de conexión entre o mar e o lago Lucrino, en Campania. Na iconografía represéntase espido, musculoso, barbado e en actitude de realizar un grande esforzo nalgún dos seus sonados traballos.

  2. [HERÁLD]

    Figura empregada como un tenante que representa un home moi forte cunha pel de león nemeo nas costas e unha clava na man.