hernia
(
-
s
f
[PAT]
Protusión dun órgano, ou dunha parte del, por unha abertura natural ou accidental da parede da cavidade que o contén. É externa cando o saco herniario sae fóra, e interna no caso contrario, conxénita cando é imputable a un mal pechamento dos condutos embrionarios, e adquirida cando sobre un defecto constitucional (debilidade da parede) actúa un factor desencadeante. Segundo a súa situación anatómica, a hernia é inguinal, escrotal ou crural; tamén pode ser umbilical e epigástrica. Das hernias internas hai que mencionar a diafragmática, a de hiato e a de disco intervertebral ou hernia discal. A hernia é redutible cando é posible facela volver á situación normal; se non o é, chámase irredutible. Hai estrangulación cando o anel herniano comprime as paredes do saco e provoca o bloqueo da circulación e a conseguinte necrose dos tecidos.
Sinónimos: creba, crebadura, quebra, quebradura. -
hernia da col
[AGR]
Enfermidade principalmente das brasicáceas, como o repolo, producida polo fungo Plasmodiophora brassicae, que se manifesta pola aparición de vultos irregulares na raíz, que se agranda e deforma e que conduce á morte da planta. O desenvolvemento desta enfermidade pódese evitar mediante o uso de abonos calcarios.