Herves, pazo de
Herves, pazo de
Construción situada en Beira (Carral). Pertenceu a Rodrigo de Basanta, que participou nunha expedición ao Río de La Plata en 1526. Conserva o patín e a capela pero non os escudos. Nel hospedouse Mariana de Neoburgo cando despois de desembarcar na Coruña se dirixía á Corte para casar con Carlos II, quen lle concedeu o privilexio de pór cadeas na porta en 1690.