hesicasmo
hesicasmo
s
m
[RELIX]
Corrente espiritual, base da espiritualidade monástica ortodoxa, que se difundiu dende os mosteiros do Monte Athos no s XIV. Propugnaba a unión con Deus por medio do silencio e a calma. Entre as prácticas hesicastas destaca a pregaria consistente en simultanear a oración de Xesús (“Xesús ten piedade de min”) ao ritmo da respiración. O princial representante do hesicasmo foi san Gregorio o Sinaíta. O hesicasmo foi recoñecido polo Concilio de Constantinopla de 1351.