heteróptero -ra

heteróptero -ra

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos heterópteros.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da orde dos heterópteros.

  3. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Suborde de insectos da orde dos hemípteros coñecidos como chinches. Posúen un aparato bucal picador-chupador caracterizado principalmente porque as maxilas e mandíbulas se transforman en estiletes, que están incluídos na cápsula cefálica. As ás posteriores son membranosas, mentres que a parte basal das ás anteriores está endurecida e forma os chamados hemiélitros. Son malos voadores debido a que teñen ás pequenas ou ausentes. Realizan unha metamorfose incompleta e a ninfa é similar ao adulto. A orde comprende unhas 25.000 especies, de distribución tropical e temperada, e tanto de auga doce coma terrestres. A alimentación é variada, hay chinches fitófagas (zugan o zume das plantas), hematófagas (zugan sangue dos animais) e tamén predadoras, que cazan outros insectos. Algunhas chinches son consideradas pragas, dado que son daniñas para certos cultivos, aves e mamíferos (entre eles o home), e tamén porque poden ser vectores de enfermidades, non obstante outras son beneficiosas porque exercen un control biolóxico sobre outras especies.