heterosifonia
heterosifonia
Nome científico:
[Heterosiphonia plumosa, Fam das dasiáceas]
s
f
[PROTISTA]
Alga mariña de cor vermella purpúrea, de ata 15 cm de lonxitude. Vive fixada por un disco do que sae un eixe ergueito e cilíndrico, de ata 2 mm de diámetro, que se estreita cara ao extremo. As ramificacións son alternas e levan rámulas bipinnadas de contorno lanceolado. Pódese atopar en Galicia nas costas expostas e semiexpostas, sobre as rochas ou epífita de Laminaria no nivel infralitoral.