heterounión
heterounión
(< hetero- + unión)
s
m
[FÍS]
Unión constituída por dous materiais semicondutores de características diferentes. Cando os dous semicondutores teñen o mesmo tipo de condutividade, p ou n, denomínase heterounión isotipo; cando a condutividade é diferente, é unha heterounión anisotipo. Mediante a formación de capas alternas de heterounións obtéñense as estruturas superrede, que teñen aplicación nos láser de heteroestrutura.