hibernación
(
-
s
f
[ZOOL]
-
Conxunto de fenómenos biolóxicos provocados polo inverno na maior parte dos homotermos e nalgúns poiquilotermos e que lles serve para resistir o medio máis desfavorable illándoos. O ritmo vital mingua, a temperatura corporal é un ou dous graos centígrados máis alta ca a ambiental, a frecuencia cardíaca e a respiratoria son moi febles e o animal non come nin se move e dorme.
-
Período de inactividade, inercia ou improdutividade.
-
-
s
f
[ALIM]
Procedemento aplicado aos aceites comestibles que consiste nun arrefriamento a baixas temperaturas e unha posterior decantación do aceite líquido que flota, para separalo das estearinas insolubilizadas. Conséguese así un aceite límpido e transparente que non se enturba co frío.
-
hibernación artificial
[PAT]
Diminución dos procesos metabólicos celulares mediante certo tipo de drogas e refrixeración orgánica por medios físicos.