híbrido -da
(< lat hybrĭda)
-
adx e s
m
[XEN]
Aplícase ao ser que provén do cruzamento entre individuos xeneticamente diferentes. O cruzamento entre especies próximas pode dar lugar a híbridos que xeralmente son estériles, como é o caso dos machos, produto do cruzamento do asno e a egua. Nos vexetais o cruzamento interespecífico é máis fácil, pode ser fértil e dar lugar á formación de novas especies. Os híbridos intraespecíficos son moi correntes, como no caso dos cans, que deu lugar a moitas razas diferentes.
-
-
adx e s
Que ou o que está formado por elementos de diferente orixe.
-
adx
[FÍS]
Aplícase ao aparato ou circuíto que contén compoñentes de diferente tecnoloxía, como por exemplo tubos e transistores.
-
adx e s
[LING]
Aplícase á palabra composta formada con elementos que proceden de linguas diferentes.
-
adx
[QUÍM]
Aplícase ao orbital ou composto que sufriu unha hibridación.
-
híbrido de resonancia
[QUÍM]
Composto que participa de dúas ou máis estruturas resoantes.
-
adx e s