hidra
hidra
(< lat hydra < gr ὕδρíα)
s
f
[ZOOL]
Cnidiarios hidrozoo da familia dos hídridos que pertence aos xéneros Hydra, Chlorohydra e afíns. Son hidropólipos solitarios, de pequenas dimensións, corpo tubular cunha boca no extremo rodeada de tentáculos e no outro extremo un pé para a fixación. Fáltalles a fase medusoide no ciclo biolóxico. Atópanse en augas doces.