hidrocelulosa

hidrocelulosa

(< hidro- + celulosa)

s f [QUÍM]

Substancias pulverulentas resultantes do tratamento das celulosas con ácidos, en determinadas condicións de concentración, de temperatura e de duración do proceso. Teñen unha constitución química relacionada coa das oxicelulosas. Este termo introduciuno Aimé Girard para designalas.

Palabras veciñas

hidrocefálico -ca | hidrocéfalo -la | hidrocele | hidrocelulosa | hidrocentral | hidrocincita | hidrocito