hidrodinámica

hidrodinámica

(

s f [FÍS/TECNOL]

Parte da hidráulica e da mecánica de fluídos que estudia o movemento dos líquidos en relación coas forzas que o producen. Introducido este nome por Daniel Bernoulli en 1738, consolidóuse como rama científica con L. Euler, quen estableceu as ecuacións diferenciais do movemennto e deulle a formulación actual a resultados anteriores. Son tamén importantes as achegas de Lagrange e de Laplace no s XVIII e as de Navier, Stokes, Rayyleigh, Helmholtz, Kirchhoff, Boussineq, Reynolds, Thomson, Zukovskij e Kutta entre o s XIX e o comezo do s XX. A hidrodinámica fundaméntase na ecuación de continuidade, a ecuación do equilibrio dinámico (ecuación de Navier-Stokes) e a ecuación de conservación da enerxía (principio de Bernoulli).