Himeneo
Himeneo
[MIT]
Deus que preside o cortexo nupcial. Segundo as diversas tradicións pode ser fillo dunha musa, de Apolo ou de Dionisio e Afrodita. Na súa orixe foi a personificación do canto do himeneo, do cántico ritual que se efectuaba nos casamentos e que consistía en repetir amodo de estribillo o seu nome (“Himeneo! Himeneo!”). Esta tradición foi iniciada por un grupo de mozas en agradecemento ao deus por telas liberado dun ataque pirata. Represéntase como un belo mozo ben vestido e portando como atributos unha coroa de rosas e flores, un facho e, ás veces, unha frauta.