himenóptero -ra

himenóptero -ra

(< himeno- + -ptero)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos himenópteros.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da orde dos himenópteros.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Orde de insectos pterigotos co primeiro segmento abdominal soldado no metatórax e separado do segundo segmento por unha estrangulación moi acentuada. Teñen xeralmente dous pares de alas membranosas, as posteriores son máis pequenas que as anteriores, ás que están unidas por medio de ganchos. As larvas ápodas son parasitos doutros animais, ou ben alimentanse polos proxenitores ou polos servos das colonias no caso de que sexan coloniais, ou ben son fitófagas. Esta orde inclúe ao redor dun millón de especies, entre as que están as abellas, as avespas e as formigas.

Palabras veciñas

himenolique | himenomiceto -ta | himenópodo | himenóptero -ra | Himes, Chester Bomar | Himet | Himmler, Heinrich