hiogloso -sa
hiogloso -sa
(< apócope de hioide +-gloso)
-
adx
Relativo ou pertencente ao hioide e á lingua.
-
adx e s
m
[ANAT]
Aplícase ao músculo par e simétrico que actúa deprimindo a lingua. Está inserido, pola parte inferior, no corpo e na punta maior do hioide e, pola parte superior, no septo da lingua.