hipérbole

hipérbole

(< lat hyperbŏle < gr )

  1. s f [LIT]

    Figura de dicción en que o que se expresa constitúe unha esaxeración poética evidente.

  2. s f [MAT]

    Curva aberta, intersección dun cono de revolución cun plano que forma co eixe daquel un ángulo máis pequeno que coa xeratriz. Constitúe o lugar xeométrico dos puntos do plano tales que a diferenza das súas distancias a dous puntos fixos, denominados focos, é unha constante.