hiperbóreo -a

hiperbóreo -a

(< lat hyperboreu < gr ὑπερβόρεος)

  1. adx

    Que está situado no extremo N do Ártico.

    Confrontacións: boreal.
  2. adx

    Relativo ou pertencente ás zonas máis setentrionais do planeta.

    Confrontacións: boreal.
  3. s m pl [MIT]

    Pobo mítico natural do extremo setentrional, desde onde sopra o bóreas. Atribúeselle o coñecemento da maxia e a súa lenda lígase á de Apolo.

Palabras veciñas

hiperbológrafo | hiperboloidal | hiperboloide | hiperbóreo -a | hipercalcemia | hipercaliemia | hipercapnia