hiperconxugación
hiperconxugación
(
s
f
[QUÍM]
Fenómeno de resonancia que consiste no desprazamento dos electróns dun enlace σ (C-H) cara a un centro insaturado contiguo. A hiperconxugación pode ser con perda de enlace, cando na resonancia desaparece un dos enlaces C-H, ou isovalente, cando todas as estruturas resoantes teñen o mesmo número de enlaces.