hiperenxebrismo

hiperenxebrismo

(

  1. s m [LING]

    Fenómeno lingüístico que consiste na manipulación de palabras galegas coa intención de diferencialas ou afastar das súas correspondentes en castelán, dando lugar a formas incorrectas que pretenden pasar por xenuínas. É o caso, por exemplo, de *montana por montaña, *primaveira por primavera. OBS: Tamén se denomina hipergaleguismo. Algúns autores empregan hiperenxebrismo cando o proceso afecta a cultismos e hipergaleguismo cando atinxe a voces patrimoniais.

  2. s m [LING]

    Forma lingüística creada por hiperenxebrismo.

    Sinónimos: hipergaleguismo.

Palabras veciñas

hiperemia | hiperemotividade | hiperemotivo -va | hiperenxebrismo | hiperepinefrismo | hipererxia | hiperesfera