hipnótico -ca
hipnótico -ca
(< gr ὕπνωτικός‘somnolento’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao hipnotismo ou á hipnose.
-
s
Persoa en estado de hipnotismo.
-
adx e s
m
[MED]
Aplícase ao medicamento empregado para provocar o sono. Os máis coñecidos e utilizados son os barbitúricos.