hipolimnion

hipolimnion

(< hipo- +λίμνη ‘lago’)

s m [ECOL]

Parte inferior dun lago. As súas augas non sofren case variacións ao longo do ano. Ten unha temperatura entre 4 e 10°C, e as correntes son febles. Nos lagos eutróficos o osíxeno é escaso e abundan os produtos de fermentacións anaeróbicas.

Palabras veciñas

hipoide | hipoiodito | hipoiodoso, ácido | hipolimnion | hipolipemiante | Hipólita | Hipólito