hipotálamo
hipotálamo
(< hipo- +θάλαμος ‘tálamo’)
s
m
[ANAT]
Parte do sistema nervioso central que se forma a partir dun desenvolvemento da porción ventral do diencéfalo e que comprende o tuber cinereum, o infundíbulo, o quiasma óptico, os corpos mamilares e a neurohipófise. Intervén na regulación da vida emocional, da temperatura corporal e da inxestión de alimentos pola sensación de fame.