hiracoideo -a

hiracoideo -a

(< lat científico Hyraxes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hiracoideos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da orde dos hiracoideos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de mamíferos placentarios herbívoros, que comprende 8 especies, parecidos en tamaño ao coello e en aspecto á cobaia, con almofadas elásticas en pés e mans. Son bos escaladores. Inclúe unicamente a familia dos procávidos, que habitan en África e Asia. Son coñecidos como damáns. Os seus parentes máis proximos son os proboscídeos.