hispanoamericano -na
(< hispano + americano)
-
adx
Relativo ou pertencente a Hispanoamérica ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Hispanoamérica.
-
adx
Relativo ou pertencente aos españois e americanos.
-
literatura hispanoamericana
[LIT]
Literatura cultivada nos países de América Latina, escrita principalmente en lingua castelá, portuguesa, francesa, quechua, guaraní e náhuatl. A literatura hispanoamericana nas diversas linguas románicas naceu como tal na época colonial, e adquiriu personalidade como consecuencia dos movementos independentistas. As literaturas mexicana e arxentina son as pioneiras entre as de lingua castelá. A primeira corrente destacada foi a do romanticismo, que reaccionou contra o neoclasicismo, e na última parte do s XIX manifestouse a influencia do realismo e do naturalismo. No s XX continuou a chegada a Hispanoamérica dos ismos europeos e os movementos de vangarda, ás veces contrapostos a tendencias indixenistas e rexionalistas, baixo o signo da loita social, e desenvolveuse o “realismo máxico”. Das literaturas de orixe precolombiana destacan a indíxena mexicana, a quechua e a guaraní.