histamina
histamina
(< hist- + amina)
s
f
[BIOQ]
Hormona tisular producida por descarboxilación da histidina (C5H9N3). Actúa como potente dilatador dos vasos sanguíneos e dos capilares, e provoca a contracción da musculatura lisa. Intervén como elemento desencadeante no shock anafiláctico.