hixiene
(< fr hygiène)
-
s
f
[MED]
Ciencia que estudia as condicións e os factores persoais ou ambientais que inflúen na saúde física e mental e que favorecen a aparición e a difusión das enfermidades.
-
s
f
[ALIM]
Conxunto de condicións que teñen por obxecto garantir as necesarias calidades sanitarias dos alimentos para que sigan sendo nutritivos, de aspecto agradable, limpos e exentos de axentes nocivos. Estes axentes nocivos poden ser substancias químicas ou microbios patóxenos que son introducidos accidentalmente por persoas, animais ou axentes naturais (aire, auga) en calquera fase da produción dos alimentos. A hixiene ocúpase do estado sanitario dos manipuladores de alimentos, das normas sanitarias dos locais, instalacións, maquinarias, industrias e establecementos alimentarios, e do control que todo iso presupón segundo a lexislación.
-
s
f
Limpeza ou aseo de algo ou de alguén.
Ex: Usa xabón na súa hixiene diaria. Nese local preocúpanse pola hixiene.
-
hixiene escolar
[MED/EDUC]
Parte da medicina preventiva que se preocupa da protección e mellora da saúde dos nenos en idade escolar e que favorece a educación global.
-
hixiene mental
[MED/PSIC]
Rama da actividade médico-psicolóxica que se propón manter a saúde mental da poboación e previr a aparición ou agravamento dos problemas psíquicos.
-
hixiene pública
[MED]
Hixiene en que intervén a autoridade ditando as normas oportunas en cada caso. Resulta especialmente importante nas situacións catastróficas, para evitar a difusión de enfermidades infecto-contaxiosas.
-
hixiene sexual
[MED]
Parte especializada da hixiene que trata do sexo, da conduta, da educación e das relacións sexuais.
Refráns
- Tres cousas sempre frías están: lomedro de home, cu de muller e fuciño de can.