HLA, sistema
HLA, sistema
Sistema de antíxenos de histocompatibilidade detectados na membrana da maioría das células do organismo. Están determinados por máis dunha cincuentena de alelos, xa recoñecidos, situados sobre todo nos loci A e B do sexto cromosoma. O sistema HLA é o máximo responsable da reacción de rexeitamento no caso de transplante de órganos ou tecidos, posto que é moi difícil atopar dous individuos coa mesma combinación antixénica.