Hodgkin, enfermidade de

Hodgkin, enfermidade de
[PAT]

Tipo de linfoma, o máis frecuente de todos, caracterizado pola presenza de linfocitos atípicos de gran volume con diversos núcleos e nucleolos prominentes (células de Reed-Sternberg). As formas con predominio linfocitario ou ben esclerose nodular danse máis a miúdo na xente nova e teñen bo prognóstico. As variedades que cursan con celularidade mixta ou ben deplección linfocitaria son propias de idades avanzadas e o seu prognóstico é peor. Foi descrita polo médico inglés Thomas Hodgkin (1798-1866).