Hoima
Hoima
Distrito de Uganda (5.492 km2; 197.851 h [1991]). A capital é Hoima (2.339 h [1969]). Correspóndese co antigo reino formado ao desaparecer o estado de Kitara a principios do s XVII. Convertido en protectorado británico (1901), en 1962 o Reino de Buñoro converteuse en estado federal da Uganda independente.