homóptero -ra

homóptero -ra
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos homópteros.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da suborde dos homópteros.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Suborde de insectos exopterigotos da orde dos hemípteros con pezas bucais picadoras e chuchadoras en forma dun aguillón dobrado en repouso baixo o tórax. Posúen dous pares de alas membranosas. Nútrense de zumes vexetais e son hemimetábolos. Os que habitan sobre plantas cultivadas (o pulgón e a cochinilla) son nocivos para a agricultura e a xardinería.