homoxeneización

homoxeneización

(

  1. s f

    Acción de homoxeneizar.

  2. s f [ALIM]

    Tratamento aplicado ao leite para evitar a separación da nata. Consiste en reducir e uniformizar relativamente a dimensión dos glóbulos de graxa, mediante o paso a presión do leite por orificios pequenos, ou por outros procedementos, co fin de conseguir unha emulsión máis estable.

  3. s f [MED]

    Operación farmacéutica que ten por obxecto obter unha mestura homoxénea a partir de dúas substancias ou máis, miscibles ou non.

Palabras veciñas

homótropo -pa | homoxenado | homoxeneidade | homoxeneización | homoxeneizador -ra | homoxeneizar | homoxéneo -a