honorable

honorable

(< honorabĭle)

  1. adx
    1. Que é honrado e digno de respecto, ou que é propio destas persoas.

      Ex: É un honorable médico xubilado. Sempre mostrara unha conduta honorable ante ese tipo de propostas.

    2. Tratamento que se dá aos membros dos gobernos e dos parlamentos de certos países ou aos membros do corpo consular.

  2. adx

    Que non atenta contra a dignidade nin a deshonra.

    Ex: O sétimo na clasificación, foi un posto bastante honorable.