honra

honra

(

  1. Calidade de quen actúa de acordo cuns valores morais, sen enganar, con rectitude e integridade.

    Ex: Confío na súa honradez á hora de facer as contas.

  2. s f Antónimos: deshonra.
    1. Calidade ou condición dunha persoa, da súa conduta ou dos seus feitos, que fan que sexa respectada e estimada.

      Ex: Ninguén dubida que actuará con honra cando teña que ditar sentencia. Perdeu toda a honra cometendo aquel delito.

      Sinónimos: honor. Antónimos: deshonra.
    2. Boa fama que ten alguén en canto á súa moral sexual.

      Sinónimos: honor.
    3. Virxindade dunha persoa.

      Sinónimos: honor.
  3. s f

    Circunstancia ou condición de ser alguén respectado ou admirado polos demais polos seus méritos ou calidades.

    Ex: Conseguiu moita honra loitando polos máis desfavorecidos.

    Sinónimos: honor. Antónimos: deshonra.
  4. s f

    Persoa ou cousa que é motivo de orgullo.

    Ex: Para eles é unha honra ter uns fillos tan bos. Foi unha honra coñecelos.

    Sinónimos: honor. Antónimos: deshonra.
  5. s f pl

    Cerimonias funerarias que se lle fan a un defunto. OBS: Tamén se denomina honras fúnebres ou exequias.

Sinónimos

Citas

  • Confío na súa honradez á hora de facer as contas.

Frases feitas

  • (Ter) a moita honra. Considerar algo de moito orgullo. Ex: Teño a moita honra que meu pai sexa albanel.

Refráns

  • A honra e a muller son coma o vidro para se romper.
  • A honra e o cristal lago se poden ere bar.
  • A honra está en quen a gaña.
  • A honra está no que a dá.
  • A honra logo se escacha.
  • A honra non ten máis que un camiño moi estreitiño.
  • A honra vale máis tela que merecela.
  • A honra, canto máis crece, máis fame mete.
  • Honra e proveito non caben baixo dun teito. _
  • Honra e proveito non teñen un mesmo xeito.
  • Honra e proveito non van xuntos ao dereito.
  • Honra e vicio non andan xuntos.
  • Honra sen proveito, anelo no dedo.