hopi

hopi
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hopi.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo hopi.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo amerindio pertencente ao grupo dos indios pueblo, que habitan no NL do estado de Arizona. Divididos en clans matriarcais, dedicábanse á agricultura e á gandería. Habitaban en casas de pedra ou adobe, ás veces con varios andares, construídas en ladeiras. A súa artesanía é moi rica, especialmente na cerámica. Os seus rituais e cerimoniais teñen unha gran complexidade.