hora

hora

(< lat hora)

    1. s f [ASTRON/METROL]

      Unidade de tempo que equivale a 1/24 da duración dun día. A división do día en 24 horas é unha práctica moi antiga. Tendo en conta que hai diversas maneiras de definir o día, as horas correspondentes teñen duracións diversas. Así, fálase de hora solar, hora sideral e hora solar media, entre outras.

    2. s f

      Distancia que se pode percorrer nunha hora de tempo, especialmente a pé.

      Ex: O balneario está a unha hora da vila.

    3. hora de auga AGR [AGR]

      Cantidade de auga de rego que pasa nunha hora por un conduto.

    4. hora extra/extraordinaria

      Hora que se traballa e contabiliza fóra do horario laboral normal ou legal. OBS: Normalmente úsase en plural.

    1. corenta horas [RELIX]

      Devoción dedicada ao sacramento da Eucaristía que dura corenta horas, en lembranza do tempo que Cristo estivo no santo sepulcro.

    2. hora do cronómetro [ASTRON]

      Hora que marca o cronómetro, á que se lle poden aplicar dúas correccións, que son o estado absoluto e a parte proporcional ao movemento diario, para saber a hora civil do meridiano de Greenwich.

    3. hora hache [BÉL]

      Momento fixado para un ataque ou outra operación militar.

    4. hora maior [RELIX]

      Nome que reciben os matíns, laúdes e vésperas no oficio divino.

    5. hora menor [RELIX]

      Nome que reciben as catro horas intermedias das canónicas: prima, tercia, sexta e nona.

    6. hora santa [RELIX]

      Hora dedicada á adoración do Santísimo Sacramento. Ten lugar os xoves, de once a doce da noite, en lembranza da oración de Xesús na Horta das Oliveiras.

    7. s f [ASTRON]

      Tempo do día expresado en horas contadas desde a medianoite ou o mediodía e en fraccións de hora. Fálase de hora sideral, hora oficial e hora civil, como sinónimos respectivamente, de tempo sideral, tempo oficial e tempo civil

    8. s f

      Momento determinado no tempo.

      Ex: Vinde que é hora da merenda. Que hora é? Que horas son estas de chegar!

    9. s f

      Momento para o que se cita a alguén.

      Ex: Teño hora co fisioterapeuta.

      Sinónimos: cita. Confrontacións: vez, vez.
    10. s f

      Momento da morte de alguén. OBS: Úsase normalmente cos verbos chegar e tocar.

      Ex: Chegoulle a súa hora.

    11. s f

      Moito tempo.

      Ex: Xa cheguei hai unha hora!

    12. s f [RELIX]

      Cada unha das partes nas que se divide o oficio divino e que se destina ao rezo nun determinado momento do día: matíns, laudes, vésperas, prima, tercia, sexta, nona e completas. OBS: Adoita ir en plural e normalmente recibe o nome de horas canónicas.

    13. s f [DEP]

      Competición ciclísta que consiste en dar o maior número de voltas posible ao velódromo durante unha hora.

  1. s f

    Momento en que se fai ou no que se desenvolve certa acción.

    Ex: Nas súas últimas horas arrepentiuse de moitas cousas que fixera.

  2. hora angular [ASTRON]

    Unidade angular que equivale a 15’ sesaxesimais. Divídese en 60 minutos angulares e cada un destes en 60 segundos angulares.

Frases feitas

  • A altas horas. Nunha hora avanzada da noite ou da madrugada.

  • A boa(s) hora(s)! Expresión irónica referida a un feito que acontece demasiado tarde.

  • A primeira hora. Nos primeiros momentos do día ou da parte do día que se expresa.

  • Á súa hora. Con puntualidade. Ex: Hoxe o tren saíu á súa hora.

  • A tal hora. Neste mesmo momento. Ex: A tal hora xa debeu facer o exame.

  • A todas horas. De xeito continuado, a cada momento. Ex: Anda a amolarme a todas horas.

  • Antes de hora. Antes de tempo, antes do momento sinalado, oportuno ou habitual.

  • Dar hora. Citar a alguén para algo a unha hora determinada. Ex: Déronme hora no médico para as sete da tarde.

  • De última hora. Expresión que se aplica a noticias e feitos moi recentes.

  • En boa hora. Que ocorre oportunamente ou con boa sorte.

  • En hora boa 1 Fórmula que se emprega para felicitar. Ex: En hora boa polo nacemento do teu fillo!

  • En mala hora. Con mala sorte ou nun momento inoportuno. Ex: En mala hora se me ocorreu entrar a pedirlle a carta!

  • Entre horas. Espacio de tempo entre as principais comidas. Ex: Adelgazou moito dende que non come entre horas.

  • Hora da verdade. Momento decisivo de algo.

  • Hora feliz. Período do día en que se reducen os prezos ou se fan ofertas especiais nun bar ou establecemento.

  • Horas mortas. Moito tempo seguido nunha soa ocupación. Ex: Pasa as horas mortas mirando pola fiestra.

  • Non ver a hora (de facer algo). Estar impaciente degoirando que se produza algo. Ex: Non ve a hora de marchar de vacacións.

  • Por horas. Traballo que se cobra contabilizando as horas. Ex: O xornaleiro cobraba por horas.

  • Ser horas. Terse cumprido un período de tempo. Ex: Xa son horas de saírmos do traballo.

  • 2 Con felicidade. Ex: Que o ascenso sexa en hora boa.

  • A última hora. Nos últimos momentos do día ou da parte do día que se expresa.

  • Dar as horas. Soar a hora no reloxo.

  • Hora punta. Momento do día de máis densidade de tráfico e maior mobilidade de xente.

  • Pedir hora. Pedir alguén que lle sexa sinalada unha hora para unha entrevista. Ex: Teño que pedir hora para o xinecólogo.

  • Pór en hora. Facer que un reloxo marque a hora exacta. Ex: Tivo que volver pór en hora o reloxo dixital porque marchou a corrente.

  • Ter (alguén ou algo) as horas contadas. Estar próximo á súa fin. Ex: O novo xerente ten as horas contadas.

  • Última hora/hora suprema/hora fatal. A hora da morte. Ex: Desgraciadamente chegou a súa última hora.

Refráns

  • Antes da hora, moi contento e ledo; e, chegada a hora, moito medo.
  • As dez deixa a rúa para quen é e, se chove, ás nove.
  • Unha hora é mellor ca outra.