Horus
Horus
[MIT]
Divindade exipcia, descendente de Gheb e Nut. Soberano do Ceo, considerábase protector da monarquía. Represéntase como un deus falcón coas as abertas, que ten como ollos o Sol e a Lúa. Por mor da visión dualística do mundo exipcio, asignáronlle como rival o seu irmán Set. Distínguense fundamentalmente dous tipos, Haroeris (Horus o Grande) e Harpócrates (Horus o Neno).