huaxteca huasteca
huaxteca huasteca
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo huaxteca.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo huaxteca.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo indíxena mexicano do grupo maia-quiché, que durante a época precolombina se estendeu pola costa do golfo de México e desenvolveu unha cultura influída polos olmecas, os totonacas e os maias. Nos xacementos escavados atopáronse esculturas de pedra e cerámica de formas e decoración moi variada. Persisten dous grupos, no estado de San Luis Potosí e ao N de Veracruz.