Hubble, telescopio espacial
Hubble, telescopio espacial
[ASTRON]
Instrumento óptico, posto en órbita, destinado a observar quasar e galaxias arredados sen a distorsión da atmosfera terrestre. Fabricado pola NASA coa participación da Axencia Europea do Espacio (ESA), foi posto en órbita en 1990 desde Cabo Canaveral. Achegou datos sobre os quasar e sobre o contido de deuterio no Universo.