Humberto

Humberto
[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe xermánica, latinizado antes do s VIII coas formas Humbertus, Umbertus, Hubertus, formado por un primeiro elemento incerto -quizais *Hun- ‘huno’ ou *hunna ‘oso’, ‘xigante’- e un adxectivo xermánico como segundo bërht ‘claro’, ‘brillante’, ‘ilustre’. Levan este nome santo Humberto de Liexa (s VII), celebrado o 3 de novembro, e varios condes de Savoia; entre eles, santo Humberto III (s XII), celebrado o 4 de marzo.