húmico -ca
húmico -ca
(< lat humus ‘terra’ + -ico)
-
adx
Relativo ou pertencente ao humus.
-
ácido húmico
[QUÍM]
Substancia polímera resultante da descomposición de materia orgánica, sobre todo de vexetais. Emprégase como abono en agricultura.