húmido -da

húmido -da

(< lat humĭdu)

  1. adx
    1. Que está lixeira ou moderadamente cuberto ou impregnado de auga ou doutro líquido.

      Ex: Colleu a roupa pero aínda estaba húmida. As paredes da casa están húmidas por mor de tanta choiva.

    2. Que está cargado de vapor de auga.

      Ex: A casa que mercou é moi húmida.

  2. adx

    Que é abundante en chuvias ou con moito vapor de auga na atmosfera.

    Ex: Galicia ten un clima húmido.

  3. via húmida [QUÍM]

    Rama da análise química en que as substancias coas que se traballa están en disolución.