humilde
humilde
(< lat humĭle, coninfluencia de humildade)
-
adx
-
Que recoñece as súas propias limitacións e non presume das calidades que posúe.
Ex: No traballo mostrábase humilde diante dos seus compañeiros.
-
Que é propio das persoas humildes.
Ex: As súas humildes palabras acougábanlle o ánimo.
-
-
adx e s
Que ou quen é pobre, con poucos recursos económicos ou de condición social baixa.
Ex: Naceu no seo dunha familia humilde.
-
adx
Que é de pouca categoría ou de pouca importancia.
Ex: Percibe un humilde salario e non pode permitirse luxos. Esta que expoño é a miña humilde opinión.