humor

humor

(< lat humōre)

  1. s m
    1. Estado de ánimo, que fai referencia a unha disposición afectiva do espírito ou do temperamento, con inclinación á alegría ou á tristeza.

      Ex: Non sei que humor terá nestes momentos. OBS: Normalmente, emprégase con adxectivos do tipo bo ou malo, que son os que determinan o valor positivo ou negativo do enunciado. Ex: Quén sabe se estará de bo humor.

    2. Boa disposición para algo.

      Ex: Hoxe non ten humor nin para saír á rúa.

  2. s m

    Tendencia de alguén a ver o lado positivo ou irónico das cousas.

    Ex: Malia todos os padecementos, aínda conserva un bo sentido do humor.

    1. s m [BIOL]

      Calquera líquido do corpo dun animal, dunha planta, normal ou patolóxico.

    2. humor acuoso [BIOL]

      Líquido viscoso contido na cámara anterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados, entre a córnea e o cristalino.

    3. humor cardinal [MED]

      Cada un dos catro humores (bile, atrabile, pituíta e sangue) que, segundo a medicina antiga, segregaba o organismo e do equilibrio dos que dependían a saúde e a enfermidade.

    4. humor vítreo [BIOL]

      Líquido xelatinoso contido na cámara posterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados entre o cristalino e a retina.

  3. [LIT]
    1. s m

      Facultade de descubrir e expresar elementos cómicos ou absurdamente incongruentes en ideas, situacións, acontecementos, actos, etc. Coñecido literariamente dende a Antigüidade, o humor estivo asociado durante séculos á idea de situación cómica. Non obstante , nos ss XVII e XVIII xa serviu para cualificar unha broma ou unha ocorrencia en que unha aguda visión dos feitos ía por riba do sentido común. Con Voltaire, Montesquieu e os autores ingleses (Defoe, Swift, Goldsmith, etc) converteuse nun recurso literario importante. No s XX, a proliferación do humor estivo favorecida polo desenvolvemento moderno dos medios de comunicación.

    2. humor inglés

      Tipo de humor particularmente sutil.

    3. humor negro

      Tipo de humor que adoita acentuar aqueles aspectos violentos, cínicos e ás veces satánicos das cousas, das situacións ou dos caracteres. Literariamente cultivárono diversos autores, como Lautréamon, D’Aurevilly e A. Breton, xunto cos surrealistas.

  4. sentido do humor

    Capacidade para aceptar o lado alegre das cousas e comprender as bromas dos demais.

Refráns

  • As que me dan non as quero e as que quero non mas dan -di, por non casar, Xan.
  • Cando aquí non estiveres, comerás comigo.
  • Cando vexas a túa casa queimar, achégate para te quentar.
  • Na casa baleira faise a cea á carreira.
  • O pan trigo e o centeo vale máis na barriga que no seo.
  • O pantrigo fíxoo Deus, a boroa mandouna facer.
  • Onde comen tres, comen catro, se poñen máis no prato.
  • Os caldelaus, desque non teñen que comer, lamben as maus.
  • Se o ceo cae, debruxo nos colle.
  • Se o demo nos ha levar, que nos leve en coche.
  • Veume o mal que acostuma vir: que, despois de farto, bótome a durmir.
  • Xa que a casa se nos queima, quentémonos todos.
  • ¡Deus dea con que rir, que para chorar hai abando!
  • ¡Deus nos dea humor e non nos ollas!
  • ¡Deus nos dea humor, que disgustos non han faltar!
  • ¡Xa nos veremos! -e eran dous cegos.

Palabras veciñas

humillar | humina | humita | humor | humoral | humoralismo | humoralista