humus
humus
(< lat humus ‘terra’)
-
s
m
[XEOL]
Fracción da materia orgánica do solo que sufriu un proceso de humificación. De composición variable e heteroxénea, as súas características fisicoquímicas (pH, permeabilidade, porosidade, textura, etc) son variables. Os tipos de humus principais son o mor, o moder e o mull, creados en condicións de aerobiose, e o anmoor, muck e a torba, formados en condicións anaeróbicas.
-
s
m
[XEOL]
Materia orgánica do solo.
-
humus cru
[XEOL]
Materia orgánica case sen descompoñer, de natureza ácida e case sempre fibrosa.