hutu

hutu
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hutus.

    Sinónimos: bahutu.
  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo hutu.

    Sinónimos: bahutu.
  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo agrícola de lingua bantú orixinario da rexión setentrional dos Grandes Lagos Africanos. Foron desprazados económica e politicamente polos tutsis, que a partir do s XVIII formaron pequenos reinos en Uganda, Rwanda e Burundi e nos que os hutus constituíron a clase baixa. A colonización europea reforzou as estruturas de poder dos tutsi e colaborou nunha diferenciación étnica artificial, pois ambos os grupos posuían unha organización social similar constituída por clans e dirixida por caudillos que gobernaban pequenos territorios. A descolonización trasladou as rivalidades étnicas á política e en 1994, despois dos asasinatos dos presidentes de Burundi e Rwanda, da etnia hutu, iniciouse unha matanza de poboación tutsi por radicais hutus.