Hydnellum
Hydnellum
[FUNGO]
Xénero de fungos basidiomicetos, da familia das teleforáceas, con basidios sobre agullas ou escamas. En Galicia aparecen varias especies como por exemplo, H. ferrugineum (con cutícula fibrosa e pilosa, atópase debaixo dos piñeiros) e H. concrescens.