1 i
-
[ESCR]
-
s
m
Novena letra do alfabeto galego, denominada i. OBS: En maiúscula (I) correspóndese coa cifra romana que representa o número un.
-
i grego
Nome da letra <y>, denominada i grego.
-
s
m
-
s
m
[FILOL/LING]
Grafía que representa o fonema vocálico anterior ou palatal pechado /i/. Presenta un alófono [i] en posición nuclear e outro [j], semivocal, na marxe silábica, en posición antenuclear ou posnuclear. Dáse en posición tónica ([‘bila]), en posición pretónica ([i’ʎaɾ]) e en posición postónica non final ([‘kãnªtiga]). Enposición átona final documéntase en cultismos e en estranxeirismos (mapamundi, zombi) ou formando parte de ditongos, tanto en palabras patrimoniais coma noutras achegadas posteriormente (rei, direi, despois). Cando as vocais pechadas forman sílaba ou ditongo con outra vogal adquiren características semellantes ás das consoantes; de aí que neses contextos sexan consideradas semivocais: xeito [‘ʃejto], sapiencia [sa’pjεŋθja]. En posición intervocálica o /i/ non sempre forma ditongo: saïamos (forma cuadrisílaba: sa-ï-a-mos) é copretérito, en tanto que saiamos (trisílaba: sa-ia-mos) é presente de subxuntivo. Diacronicamente o fonema vocálico /i/ en posición tónica procede de vocal Ī tónica do latín clásico (amigo < lat AMĪCU); en posición átona inicial procede dun Ī (primeiro < PRĪMĀRĬU); e, en posición postónica non final, pode conservarse a partir dun Ĭ (lágrima < LACRĬMA, femia < FĒMĬNA).
Frases feitas
-
Poñer os puntos nos is. Poñer todo claro.